Rock Band despídese ao son de American Pie
mércores, 3 de abril do 2013
A saturación de xogos musicais en consolas de videoxogos
provocou un colapso do xénero, e como consecuencia, os editores de títulos como
Rock Band ou Guitar Hero tiraron a toalla, aínda que continuaron a dar soporte
aos seus títulos publicando contidos descargables para os seus xogos, o que non
podía continuar eternamente, de xeito que esta mesma semana a franquía de Rock Band
(composta polos xogos Rock Band, Rock Band 2, Rock Band 3, The Beatles:
Rock Band, Green Day: Rock Band, LEGO Rock Band, Rock Band Blitz e Rock Band:
Unplugged) publicou o seu último tema descargable, que non foi outro que a
canción American Pie de Don McLean,
na que fálase do “día no que morreu a música” (en referencia ao 3 de febreiro
de 1959, cando faleceron nun accidente aéreo Buddy Holly, Ritchie Valens e J.P.
The Big Bopper Richardson).
Esta franquía nacida en 2007 superou os 18 millóns de unidades vendidas en todo
o mundo, os 130 millóns de cancións descargadas e as 4.000 cancións nun
catálogo que foi ampliándose durante 281 semanas. Este catálogo seguirá activo
durante un período sen determinar, de xeito que os servidores do xogo seguirán
activos, pero deixarán de contar con persoal que se dedique a adaptar novos
temas ao xogos deste recoñecible selo, e a xeito de
despedida dende Harmonix publicaron un vídeo no que repasan a historia de Rock Band á vez que interpretan o seu
derradeiro DLC: