Rock Band para Xbox 360 chega a Europa cunha nefasta polÃtica de prezos
venres, 23 de maio do 2008
O
agardado xogo Rock Band chega hoxe a Europa na
súa versión de Xbox 360, pero aÃnda non coñecemos as condicións excactas nas
que se vende en España, pois parece que noutros paÃses presenta uns prezos moi
dispares, pois en Francia e Alemaña o xogo solto ten un prezo de entre 64,90 e
69,85 euros, vendéndose os seus instrumentos (micrófono, guitarra e baterÃa)
por uns 169,99 euros, polo que o prezo total resulta moi elevado (uns 235 euros),
mentres que no Reino Unido varias páxinas web ofrecen o xogo con descontos
importantes, de xeito que se
vende solto por 39,99 libras (55,99 euros) e cos
instrumentos custa só 99,99 libras (139,99 euros), o que poderÃa
levar a moitos usuarios a facerse co xogo en territorio británico (aÃnda que poucas
tendas aceptan vender ao estranxeiro este tipo de produtos).
Todo apunta a que Electronic Arts está a abrir unha polémica innecesaria polo
prezo do xogo en Europa, xa que resulta moito máis caro que nos EE.UU. (onde
custa 169,99 dólares, ao cambio, 107,68 euros) e parece difÃcil de xustificar
que en Reino Unido o prezo sexa inferior noutros paÃses do contorno. Isto,
xunto co feito de que as
versións para PS2, PS3 e Wii non sairán ata o verán están a crear
unha mala imaxe para un tÃtulo que tiña moitas bazas para facer sombra á saga
de Guitar Hero, polo que algúns xogadores
poderÃan optar a agardar a que chegue Guitar
Hero World Tour ante a discriminación á que somete EA aos europeos.