Rock Band supera os 28 millóns de cancións descargadas
mércores, 10 de decembro do 2008
Mentres
agardamos o lanzamento de AC/DC LIVE: Rock Band Track
Pack (que chegará ás tendas españolas a mediados de mes) a xente
de Electronic Arts e Harmonix anuncian que as anteriores entregas de Rock Band a través da súa plataforma de
descargas para Xbox 360 e PlayStation 3 conseguiron sumar un total de
28 millóns de cancións dende os seus comezos o que poderÃa
supor unha facturación superior aos 38 millóns de euros (aÃnda que é
difÃcil de ponderar xa que os pagamentos se realizan en distintas moedas e incluso
con cartos virtuais que cambian de prezo segundo o volume adquirido).
Na actualidade están dispoñibles máis de 345 temas de máis de 239 artistas de
diferentes estilos, que son compatibles tanto con Rock Band como con Rock Band
2, agardando rematar o ano cun total de 500 cancións no seu catálogo.
Resulta destacable a cantidade de descargas acadadas polo feito de que a finais
do pasado mes de marzo apenas se descargaran 6 millóns de cancións para Rock Band, polo que entendemos que o
lanzamento de Rock Band 2 disparou as
vendas de cancións.