Rock Pegasus 210: novo ultraportátil con procesador Intel Atom

luns, 7 de abril do 2008 Marcus Fernández

Os últimos procesadores de Intel comezan a chegar aos portátiles que buscan unha especial portabilidade, coma o novo Rock Pegasus 210, que integra un procesador Intel Atom A110 a 800 MHz, 1 Gb de RAM, 80 Gb de disco duro, conectividade Wi-Fi, Bluetooth, modem 3G/GPRS que acada velocidades de ata 3,6 Mbps, 3 USB 2.0, Ethernet, lector de tarxetas de memoria e lector de pegadas dixitais.
O equipo funciona tanto con Windows XP Professional como con Vista Business Edition, e se vende por 939,84 libras esterlinas (1.190,51 euros) na súa edición básica. Mide 296 x 209 x 30 milímetros (o que lle permite contar cunha pantalla de 12 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles) e só pesa 1,2 quilogramos.

PUBLICIDADE