Rocksmith, un videoxogo para aprender a tocar a guitarra

mércores, 16 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Nun momento no que a franquía Guitar Hero está en suspenso, Ubisoft sorprende anunciando con Rocksmith, un videoxogo musical para PlayStation 3 e Xbox 360 que funcionará cunha guitarra eléctrica ou acústica de verdade grazas a un adaptador que levará o son da guitarra á consola a través de USB, distinguindo distintos acordes.
O xogo chegará en setembro con cancións de The Animals, The Black Keys, David Bowie, Interpol, Nirvana, Rolling Stones e outros, e incluso barallan a posibilidade de que poidan adquirirse xunto cunha guitarra eléctrica real de fabricantes coma Gibson.
Parece evidente que este xogo non vai dirixido ao mesmo público que Guitar Hero ou Rock Band, xa que non centra a súa mecánica na diversión senón na aprendizaxe das pezas a interpretar, polo que podemos entender a Rocksmith coma un titorial de guitarra con distintos niveis que adáptanse tanto a iniciados como a auténticos novatos.


Trailer do novo xogo musical de Ubisoft

PUBLICIDADE