Router para acceder á banda larga móbil por Wi-Fi

luns, 17 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios que gusten das conexións de banda larga móbil, e que queiran compartilas, teñen agora unha interesante opción de facelo grazas ao router GlobeSurfer III, que permite conectarse á Internet mediante HSDPA a velocidades de ata 7,2 Mbps e compartir este acceso á Rede por Wi-Fi (soportando o protocolo IEEE 802.11b/g co WEP, WPA e WPA2) ou por Ethernet.
Este router mide 15 x 10 x 3,2 milímetros, polo que é bastante doado de transportar, e incluso conta cun conector para un teléfono convencional (para recibir chamadas telefónicas). O uso de mensaxes de texto, pola contra, se pode facer vía web, por parte de calquera dos equipos que se conecte ao router (tanto para ler como para responder ás mensaxes). Tamén permite conectar impresoras USB ou discos duros externos para compartilos en rede.
O seu prezo de venda sen IVE é de 285 euros, aínda que é de agardar que se poida conseguir a un prezo máis competitivo a través da subvención dalgunha operadora de telefonía móbil.

PUBLICIDADE