Rush’N Attack estrea secuela para Xbox 360

mércores, 30 de marzo do 2011 Marcus Fernández

O Bazar de Xbox LIVE Arcade recibiu hoxe o xogo Rush’N Attack: Ex-Patriot, segunda parte do remake de alta definición do clásico Green Beret de Konami, de xeito que tras pagar 800 puntos (9,6 euros) poderemos continuar a misión de Sid Morrow para encontrar a Gibson e descubrir os perigosos segredos da Guerra Fría. O noso heroe está atrapado tras as liñas inimigas e conta como principais armas un coitelo e o seu propio corpo, de xeito que deberá superar moitos obstáculos para sobrevivir e deter a ameaza da destrución global.
Aínda que os usuarios da Xbox 360 poden descargar este xogo na súa consola, os que teñan unha PlayStation 3 deberán agardar uns poucos días para poder mercar por 9,99 euros unha versión deste título que adorarán moitos amantes do retro, e de mecánicas de xogo arcade, nas que destaca este xogo que pode considerarse como unha especie de Green Beret HD.

Pese aos seus coidados gráficos renderizados, o xogo conserva a súa mecánica clásica

PUBLICIDADE