Sackboy: Una aventura a lo grande chegará a PC en outubro
xoves, 29 de setembro do 2022
Que Sony decidise lanzar en PC xogos como Marvel’s
Spider-Man e God of War resultou bastante rechamante, pero o novo
xogo en recibir tal tratamento é aÃnda máis significativo, xa que trátase de Sackboy:
Una aventura a lo grande, que chegará
a Steam e á tenda de
Epic Games o vindeiro 27 de outubro, algo moi difÃcil de imaxinar nos
últimos anos, xa que Sackboy leva sendo a mascota non oficial da PlayStation
dende o lanzamento de LittleBigPlanet en 2008.
Esta versión de Sackboy ofrece detallados gráficos en 4K que nos equipos
máis potentes poderá moverse até 120 imaxes por segundo, tira proveito da
tecnoloxÃa nVIDIA DLSS2 para mellorar o seu rendemento en equipos con gráficas
RTX, é compatible con VRR e tamén pode verse correctamente con pantallas
ultrapanorámicas (chega até unha proporción de 21:9).
AÃnda que o xogo está optimizado para o seu uso cun mando DualSense, será posible
controlalo incluso con rato e teclado, e tamén acepta logros e gardado na nube.
Pode xogarse en solitario ou en equipos de 2 a 4 aventureiros, contando tanto
con partidas en grupo locais como en liña.
Tráiler de Sackboy: Una aventura a lo grande para PC