Sacred 2 destaca entre os Xogos con Gold de marzo

venres, 25 de febreiro do 2022 Marcus Fernández

Xa sabemos os xogos que recibirán os subscritores de pagamento de Xbox LIVE no mes de marzo, e continuando coa tónica dos últimos tempos, son títulos pouco importantes, tendo maior peso os xogos retrocompatibles e deixando claro que a estratexia actual da compañía e atraer aos usuarios até o Xbox Game Pass.
Os xogos para Xbox One de marzo serán The Flame in the Flood, un roguelike pouco coñecido, e Street Power Soccer, un xogo de fútbol na rúa que tamén pasou totalmente desapercibido no seu lanzamento; pola contra, os xogos para Xbox 360 do mes que vén son máis coñecidos, comezando por Sacred 2 Fallen Angel, un xogo de rol de acción de certo éxito, e SpongeBob’s Truth or Square, xogo de plataformas do célebre Bob Esponxa que sen dúbida convencerá aos máis pequenos da casa pese a ser un título que o tempo non tratou precisamente ben.

PUBLICIDADE