Sae á venda Borderlands 3

venres, 13 de setembro do 2019 Marcus Fernández

Chegou o día para os seareiros da franquía de acción de Gearbox, e xa está dispoñible Borderlands 3, con versións para Xbox One, PlayStation 4 e PC, chamado a converterse no novo referente do xénero dos shooter-looter, conservando a súa característica estética (semellante á banda deseñada) e o seu carácter burleiro.
En Borderlands 3 a acción sitúase nun extremo da galaxia, nun grupo de planeta explotados sen compaixón por desapiadadas corporacións militarizas, de xeito que atopamos un lugar cheo de botíns e violencia que coñecemos como as terras fronteirizas, nas que apareceu unha seita de tolos coñecida como Os Fillos da Cámara e estase espallando como unha praga interestelar.
Este título permite xogar en solitario ou en cooperativo como un dos catro buscacámaras únicos, para conseguir un bo botín e salvar a galaxia da ameaza dos fanáticos liderados polos siameses Calypso.
Os xogadores poden optar por un dos catro buscacámaras personalizables: a artilleira Moze, o axente Zane, a serea Amara e o domabestas Fl4k. Poden personalizarse con numerosas opcións e progresar nas súas diferentes árbores de habilidades para así xogar do xeito que prefira o usuario.

Tráiler de Borderlands 3

PUBLICIDADE