Sae á venda o iPad mini con pantalla Retina

martes, 12 de novembro do 2013 Marcus Fernández

O pasado día 1 púxose á venda en España o novo iPad Air, levando incluso a numerosas tendas especializadas en produtos de Apple a abrir pese a ser día festivo, para que os máis entusiastas puidesen facerse co novo tablet, quedando como incógnita a data na que poderiamos adquirir no noso territorio o seu irmán pequeno, o iPad mini con pantalla Retina (que nesta revisión convértese simplemente nunha versión de 7,9 polgadas do iPad actual de 9,7 polgadas, diferenciándose en todo o seu rango de prezos en 90 euros) e finalmente, tras un breve peche da tenda en liña de Apple, está dispoñible, aínda que cun prazo de entrega de 5-10 días.
Este novo produto supón un cambio de xogo, pois ata o momento o iPad mini era un produto que o público vía como económico e máis portátil, mentres que agora destaca só como portátil, aínda que para os usuarios que buscan un iPad de entrada continúa no catálogo de Apple o iPad mini de 16 polgadas, agora a un prezo de 289 euros, renovando a súa estética para presentarse nas novas cores dos dispositivos móbiles da compañía (prata e gris espacial).
Lembremos que o iPad mini con pantalla Retina parte dun prezo de 389 euros para o modelo de 16 Gb, incrementándose en chanzos de 90 euros para as súas capacidades de 32, 64 e 128 Gb nas súas versións con Wi-Fi, mentes que os modelos con banda larga móbil teñen un sobrecusto de 120 euros.

PUBLICIDADE