Sae á venda un termómetro que pode conectarse ao móbil mediante minijack
luns, 10 de novembro do 2014
Tras completar
con éxito unha campaña de micromecenado en Indegogo o ano pasado, o Kinsa Smart Thermometer xa é unha
realidade, podendo
adquirirse por 29,99 dólares non só a través da súa páxina web, senón tamén
na
propia Apple Store, facendo moi doada a adquisición deste termómetro que
está deseñado para operar con smartphones a partir do iPhone 4S grazas á súa aplicación
oficial de balde, que facilita o seguimento das temperaturas rexistradas,
aÃnda que cómpre destacar que tamén funciona con dispositivos con Android como
os Samsung GALAXY S3, S4, S5, Note 2 e Note 3 coa súa respectiva
aplicación en Google Play.
Este termómetro pode realizar unha lectura en só 10 segundos, e pode resultar
bastante sorprendente polo xeito de comunicarse co móbil, xa que en vez de
optar por tecnoloxÃas sen fÃos, pode comunicar as súas lecturas conectando un dos
seus extremo á toma de auriculares do teléfono. O dispositivo mide 13,21 x 1,52
x 0,51 centÃmetros, non precisa de baterÃas para operar e supón un paso máis na
vaga de produtos destinados á saúde que previsiblemente chegarán nos vindeiros
meses, en boa medida pola aposta de Apple a este respecto coa creación da
plataforma HealthKit (que tamén conta con equivalentes de Google e Microsoft).
- O termómetro comunÃcase co móbil polo conector de auriculares