Samba de Amigo sairá para Wii o 19 de setembro

venres, 22 de agosto do 2008 Marcus Fernández

O 19 de setembro chegará ás tendas europeas o xogo para a Nintendo Wii Samba de Amigo que é un título musical que en vez de emular unha guitarra eléctrica está máis orientado a usuarios casuais e consiste en seguir o ritmo das cancións movendo co mando da Wii e o Nunchuk (ou dous mandos da Wii á vez) a xeito de maracas.

Este xogo xa tivera versións de arcade e Dreamcast, e esta nova entrega pretende repetir a diversión que achegaba o vello título cunha banda sonora con máis de 40 temas musicais (as cancións con asterisco son versións non interpretadas polos seus intérpretes orixinais):
- "Baila Me" - Gipsy Kings

Demostración de Samba de Amigo na Games Convention de Leipzig

- "Papa Loves Mambo" - Perry Como*
- "Mambo No. 8" - Perez Prado
- "Conga" - Miami Sound Machine*
- "Low Rider" - War
- "Mambo No. 5" - Lou Bega*
- "Oye Como Va" - Santana*
- "Asereje" - Las Ketchup*
- "Arriba Allez" - Bellini
- "Magalenha" - Bellini and Mondonca Do Rio
- "Ran Kan Ran" - Tito Puento*
- "Groove Is In the Heart" - Dee Lite
- "Jump in the Line" - Harry Belafonte*
- "Do It Well" - Jennifer Lopez*
- "Como Ves" - Ozomatli
- "Cha Cha" - Chelo
- "Pon de Replay" - Rihanna
- "Smooth" - Santana*
- "Mexican Flyer" - Ken Woodman*
- "Borriquito" - Charo
- "Un Aguardiente" - WaveGroup


Trailer no que se presentan as 3 novas cancións descargables para Samba de Amigo

- "Solo Tu" - WaveGroup
- "Tango With Me" - WaveGroup
- "Vamos A Carnaval" - WaveMaster*
- "Volare" - Gypsy Kings
- "Hot Hot Hot" - Arrow*
- "Salome" - Chayanne*
- "Tubthumping" - Chumbawumba*
- "The Cup of Life" - R. Martin*
- "Samba de Janeiro" - Bellini
- "Mambo Beat" - Perez Prado*
- "Livin’ La Vida Loca" - Ricky Martin*
- "Bamboleo" - Gipsy Kings
- "Take On Me" - Reel Big Fish
- "El Ritmo Tropical" - Dixie’s Gang*
- "Macarena" - Los Del Rio*
- "La Bamba" - Ritchie Valens*
- "Tequila" - Chuck Rio*
- "Soul Bossa Nova" - Quincy Jones
- "Samba de Amigo" - Bellini
- "The Theme of Rocky" - Bill Conti*
- "Mas Que Nada" - Jorge Ben*
- "Sway" - Gimbel and Ruiz*
- "El Mambo" - Solemar

As Wii Maracas que xa se poden encargar en Amazon

Aparte destas cancións que veñen no propio disco do xogo tamén se poderán descargar as cancións Mambo Mambo de Lou Bega, I Want Candy de Bow Wow Wow e Are you going to be my girl de Jet como se pode ver nun novo vídeo promocional.
A maiores tamén apareceron en Amazon unhas Wii Maracas, que veñen a ser unhas pezas de plástico para engadir ao mando da Wii e o Nunchuk que melloran a sensación de uso do Samba de Amigo. O seu prezo sería de 14,99 dólares.

PUBLICIDADE