Samson oferta un dos seus micrófonos analóxico/dixitais

venres, 4 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Os afeccionados ao podcasting que queiran realizar as súas gravacións dende o ordenador cunha calidade aceptable téñeno cada vez máis doado, e resultando realmente impresionante o novo kit que lanzan dende Samson Tech, consistente nun micrófono cardiode Q2U que funciona tanto en dixital (a través de USB) como en analóxico (cun conector XLR) e uns auriculares pechados HP20 con conector estándar de 3,5 milímetros.
Este atractivo conxunto que converte un ordenador nun sistema de gravación sae á venda nos EE.UU. por só 89 dólares (59,91 euros) de xeito que a realización doméstica de podcast resulta cada vez máis accesible.

PUBLICIDADE