Samsung Ch@t350, o novo móbil básico orientado ás redes sociais

xoves, 20 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Comezan as filtracións de produtos que poderemos ver o mes que vén en Barcelona durante o Mobile World Congress, e un dos produtos dos que xa circulan imaxes é o móbil Samsung Ch@t350, que sorprende por ser un terminal con teclado QWERTY deslizante orientado ao acceso a redes sociais que sorprende por funcionar cun sistema operativo propietario en vez de optar por plataformas coma Android.
O Samsung Ch@t350 (ou C3500) conta coa interface TouchWiz na súa pantalla táctil de 2,4 polgadas cunha resolución de 240 x 320 píxeles, incorpora cámara de 2 Mpíxeles, radio FM con gravación, Bluetooth 2.1,Wi-Fi, microUSB e lector de tarxetas microSD de ata 8 Gb. Este terminal cuatribanda tamén conta con funcións de reprodución multimedia, soportando audio en MP3, AAC e eAAC e vídeo en 3GP, H.263 e H.264. As súas dimensións son de 10 x 5,2 x 1,6 centímetros e agardamos coñecer máis detalles sobre este dispositivo nun par de semanas.

PUBLICIDADE