Samsung Omnia M, o novo móbil con Windows Phone para Europa

venres, 11 de maio do 2012 Marcus Fernández

Tras sabermos do Samsung Focus 2 no mercado norteamericano temos agora que para Europa o fabricante surcoreano vai lanzar o Samung Omnia M (GT-i8350), un novo terminal con Windows Phone 7.5 que goza dunha pantalla Super AMOLED de 4 polgadas, procesador a 1 GHz, 384 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno, cámaras de 5 Mpíxeles e VGA (para videochamadas), Wi-Fi N, microUSB 2.0, Bluetooth 2.1, A-GPS, HSDPA de ata 7,2 Mbps, batería de 1.500 mAh, un grosor de 10,5 milímetros e un peso de 119 gramos, ou sexa, que non destaca polas súas características técnicas, pero grazas aos servizos asociados pode gañar moito atractivo, pois inclúe o servizo de comunicación social de Samsung ChatON, pode compartir contidos multimedia con Samsung AllShare, pode acceder ao Music Hub para reproducir música que se adapte aos nosos gustos e incluso pode acceder aos 25 Gb de almacenamento de balde que ofrece na nube SkyDrive para almacenar fotografías, vídeos e documentos.

Especificacións técnicas do Samsung Omnia M

PUBLICIDADE