Samsung amosa no Xapón un televisor 3D de 70 polgadas

martes, 9 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Pese a que na actualidade a penetración de tecnoloxías como a alta definición e as 3D non van ao ritmo que quixeran os fabricantes de electrónica de consumo iso non lles impide avanzar nese eido, e Samsung está a presentar na feira nipona FPD un novo televisor 3D de 70 polgadas que utiliza tecnoloxía de semiconductor óxido conseguindo imaxes de 3.840 x 2.160 píxeles a 240 Hz, de xeito que de contar cunha fonte de vídeo de calidade suficiente, o enorme tamaño desta pantalla non desmerecería a calidade da imaxe.
É de agardar que este tipo de produtos tarden bastante en popularizarse tanto polo seu elevado prezo (non comunicado) coma polo mero feito de que carecen de contidos no mercado a ultra definición, pero este televisor podería ser ideal para replicar a experiencia estereoscópica dunha sala de cine en 3D.

PUBLICIDADE