Samsung anuncia lentes 3D graduadas

xoves, 21 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Ter que usar lentes para poder ver películas en 3D é un problema especialmente molesto para a xente que xa ten que utilizar lentes correctoras, e pensando na incomodidade de levar dúas lentes á vez Samsung anuncia o modelo de lentes SSG-R2200, que destacan por seren unhas lentes 3D activas dispoñibles en varios tamaños e formas (adaptándose así aos distintos integrantes da familia) ás que poden incorporarse cristais graduados, de xeito que os miopes terán así unha alternativa máis cómoda e práctica de gozar da visión estereoscópica en salas cinematográficas e con equipamentos de cine en casa compatibles coas 3D.
Polo momento non sabemos o prezo destas lentes, pero o feito de que sirva aos miopes para non ter que vestir dúas lentes superpostas xa é vantaxe dabondo para este tipo de solución tecnolóxica.

PUBLICIDADE