Samsung celebra os 10 anos da familia Galaxy con grandes lanzamentos
mércores, 20 de febreiro do 2019
Co gallo do décimo aniversario da gama de
produtos Galaxy de Samsung, a compañÃa surcoreana quixo que os novos Galaxy S10
fosen uns produtos moi especiais, de xeito que chegarán ao mercado en 4 modelos
atendendo a distintos perfÃs de usuario, apostando en todo momento por un grande
deseño, unha pantalla innovadora, unha boa cámara e un rendemento notable.
Temos asà que para os usuarios menos esixentes estará dispoñible o Galaxy S10e,
un modelo con pantalla plana de 5,8 polgadas, 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento,
cámara traseira dual de 12 MpÃxeles (con dobre apertura) e 16 MpÃxeles (con
grande angular), cámara traseira de 10 MpÃxeles e apertura f/1.9, lector de
pegada dixital lateral e baterÃa de 3.100 mAh que pode cargarse tanto mediante
USB-C como sen fÃos. Chegará ás tendas o 8 de marzo a un prezo oficial de 759
euros.
Pola súa banda o Galaxy S10 serÃa o produto máis equilibrado, cunha pantalla
Dynamic AMOLED de 6,1 polgadas, 8 GB de RAM, 128 GB de almacenamento, cámara traseira
tripla (cunha cámara de 12 MpÃxeles e dobre apertura, un grande angular de 16
MpÃxeles e un teleobxectivo estabilizado de 12 MpÃxeles), cámara frontal de 10
MpÃxeles, lector de pegada dixitais ultrasónico en pantalla e unha baterÃa de
3.400 mAh que pode cargarse por USB-C ou mediante indución. Venderase a
partires do 8 de marzo a un prezo de 909 euros.
Pero o smartphone estrela é sen dúbida o Galaxy S10+, que leva a súa pantalla Dynamic
AMOLED até as 6,4 polgadas, e venderase en versión con 8 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento, de 8 GB de RAM e 512 GB de almacenamento e de 12 GB de RAM e 1
TB de almacenamento. A cámara traseira deste teléfono é tripla (cámara con
apertura dual de 12 MpÃxeles, grande angular de 16 MpÃxeles e teleobxectivo
estabilizado de 12 MpÃxeles) cámara frontal dual (cunha cámara de 10 MpÃxeles
con apertura f/1.9 apoiada por outra de 8 MpÃxeles), sensor de pegada dixital
ultrasónico en pantalla e baterÃa de 4.100 mAh que cargarse rápido por USB-C e
indución. Terémolo nas tendas a partires do 8 de marzo a un prezo de 1.009
euros para o modelo con 128 GB de almacenamento, 1.259 euros para o de 512 GB e
1.609 euros para o modelo con 1 TB de capacidade.
Finalmente tamén haberá un Galaxy S10 5G, que servirá para que moitos
operadores poidan introducirse nas redes móbiles de nova xeración, aÃnda que
este produto non ten unha data de lanzamento fixada (entendéndose que
dependerá da implantación do 5G en cada mercado).
Cómpre dar conta de que estes terminais móbiles presumen de Wireless
PowerCharge, ou sexa carga sen fÃos reversible (que pode cargar outros
dispositivos pousándoos sobre a súa traseira), elemento que terá bastante
importancia nos vindeiros anos coa emerxencia de numerosos accesorios que
empreguen carga por indución.
Dende Samsung tamén quixeron presentar novos produtos wearables da liña Galaxy, como o smartwatch deportivo Galaxy Watch
Active, as pulseiras de actividade Galaxy Fit e Galaxy Fit e e os auriculares
sen fÃos e con carga por indución Galaxy Buds, aÃnda que o novo produto
presentado que chamou máis a atención, e co que abriron a presentación como golpe
de efecto, foi o Galaxy Fold, o primeiro teléfono do mercado con Dynamic AMOLED
Inifinity Flex Display, ou sexa, un terminal encartable que presenta unha pantalla
exterior de 4,6 polgadas cunha relación de aspecto de 21:9 (o coñecido como
formato cinematográfico) que ao abrir o dispositivo desvela unha pantalla de
7,3 polgadas cunha relación 4,2:3, que non só ofrece un maior tamaño, senón que
está optimizada para a multitarefa, podendo dividir o espazo en varias
aplicacións á vez, facilitando tarefas como empregar a mensaxerÃa instantánea
mentres se reproduce un vÃdeo.
Curiosamente este novo smartphone conta con máis cámaras do que estamos
afeitos, dado o seu formato. Ten unha cámara exterior de 10 MpÃxeles para selfies e logo unhas cámaras traseira e
frontal na liña das do Galaxy S10+.
Chegará ao mercado no segundo trimestre do ano con 12 GB de RAM e 512 GB de
almacenamento, baterÃa de 4.380 mAh e un prezo aÃnda por determinar en España,
pero que nos EE.UU. xa adiantaron que serÃa de 1.980 dólares, polo que
estarÃamos ante un dos smartphones máis caros do mercado, aÃnda que claramente
o seu formato fai que tampouco sexa un produto dirixido ás masas.
Os novos Galaxy S10 xa poden reservarse en España premiándose as compras
anticipadas do S10 e do S10+ cuns auriculares Galaxy Buds. De cara ao mercado español
tamén temos con grande nova que o asistente virtual de Samsung, Bixby, por fin
está dispoñible oficialmente en español (idioma engadido xunto co inglés británico,
o alemán e o italiano) despois dun perÃodo de probas no que usuarios de certos
móbiles de alta gama puideron gozar anticipadamente deste asistente accesible a
través dun botón dedicado no seu dispositivo.
- Os novos Samsung Galaxy S10 chegarán ao mercado con corpos en cores atractivas