Samsung comercializa en China un smartphone de alta gama con tapa

xoves, 3 de agosto do 2017 Marcus Fernández

Nun momento no que os smartphones que seguen as pautas de deseño impostas polo iPhone sorprende que nalgúns mercado vellos formatos de deseño resístanse a desaparecer, e así en China está á venda un novo teléfono con tapa, o Samsung SM-G9298ZKACHC ou Samsung Leader 8, que pese a parecer un produto doutro tempo é un produto de alta gama bastante interesante.
O novo teléfono destaca por estar baseado en dúas pantallas Super AMOLED Full HD de 4,2 polgadas (unha na parte exterior e outra na parte interior do smartphone), funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 821, 4 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria de até 256 GB), cámara frontal de 5 Mpíxeles con apertura f/1.9, cámara traseira de 12 Mpíxeles con apertura f/1.7 e gravación de vídeo 4K, Bluetooth 4.1, Wi-Fi AC, NFC, lector de pegadas dixitais, batería de 2.300 mAh con carga sen fíos e, como principal eiva do produto estarían o seu grosor (15,9 milímetros) e o seu peso (235 gramos) o que parece inevitable ante un deseño que practicamente é como levar dous smartphones unidos por unha bisagra. Como curiosidade, este dispositivo é compatible con Samsung Pay, deixando claro que estamos ante un produto dirixido a usuarios cun alto poder adquisitivo.

PUBLICIDADE