Samsung comercializará unha cámara compacta ideal para as auto-fotos

mércores, 18 de xullo do 2012 Marcus Fernández

A cámara estará dispoñible en varias coresSamsung vai pór á venda a finais de agosto a nova cámara compacta MV900F a un prezo de 349,99 dólares, que resulta especialmente atractiva por contar cunha pantalla táctil AMOLED de 3,3 polgadas que pode xirarse 180 graos (facilitando a realización de auto-fotos) e conectividade Wi-Fi (moi práctica para poder subir contidos a Facebook, Picasa, Photobucket ou YouTube prescindindo de cables e mesmo dun ordenador, así como para comunicarse con dispositivos da liña SMART de Samsung para poder amosar os seus contidos ao instante).
Esta cámara con sensor BSI CMOS de 16,3 Mpíxeles e unha lente brillante F2.5 pode conseguir imaxes de alta calidade incluso en contornos de pouca luz, para o que entra nun modo no que dispara 3 imaxes consecutivas que mestura nunha única evitando así desenfoques e ruído. A súa pantalla tamén é apta para o seu uso en condición de moita luminosidades (como baixo a luz do sol).
A Samsung MV900F conta cun zoom óptico de 5x, filtros para crear instantáneas cunha aparencia máis profesional e incluso recoñece xestos efectuados coas mans para cando saquemos auto-fotos (con movementos circulares podemos controlar o zoom, e con movementos verticais activariamos o disparador).

A cámara estará dispoñible en varias cores

PUBLICIDADE