Samsung confirma que está a ultimar os seus sensores de 108 MpÃxeles
luns, 12 de agosto do 2019
A semana pasada Xiaomi adiantou que estaba
a traballar con Samsung nun sensor para cámaras de móbiles de 108 MpÃxeles,
e agora é a propia Samsung a que achega
detalles do novo sensor ISOCELL Bright HMX que será o primeiro da industria
en superar os 100 MpÃxeles. Samsung ampliará o seu sensor de imaxe de 0,8 μm dende
os 64 até os 108 MpÃxeles, conseguindo asà unha resolución equivalente ao de
cámaras réflex de alta gama.
Resulta evidente que nun smartphone tal resolución é excesiva, pero realmente
non persegue crear imaxes de 108 MpÃxeles, senón empregar a tecnoloxÃa Tetracel
para combinar grupos de 4 pÃxeles para imitar sensores con pÃxeles máis
grandes, para asà poder producir imaxes máis luminosas de 27 MpÃxeles.
O sensor HMX aproveitará un mecanismo de Smart-ISO para conseguir un equilibrio
entre luminosidade e ruÃdo, e tamén suporá melloras na gravación de vÃdeo,
podendo chegar a filmacións 6K (6.016 x 3.384 pÃxeles) a 30 imaxes por segundo.
Os sensores Samsung ISOCELL Bright HMX entrarán en produción a finais de mes.