Samsung eleva as pantallas dos seus reprodutores multimedia portátiles ás 5,8 polgadas

luns, 27 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Samsung leva un tempo competindo no mercado de reprodutores multimedia portátiles tipo iPod Touch con dispositivos baseados no sistema operativo Android, pero non só empregan o prezo como factor diferencial, senón que tamén apostan por outras características para destacar, o que vese moi claro co novo Samsung GALAXY Player 5.8, que en vez de contar cunha pantalla de 3,5 polgadas como o reprodutor de Apple, impresiona cunha pantalla TFT de 5,8 polgadas cunha resolución de 960 x 540 píxeles.
O novo reprodutor funciona con Android 4.0 (coa nova versión da interface gráfica TouchWiz), ten 1 Gb de RAM, 16 ou 32 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb), Wi-Fi N, GPS, Bluetooth 4.0, batería de 2.500 mAh, cámara para videoconferencia, un grosor de 10,8 milímetros e un peso de 221 gramos, converténdose nunha opción moi interesante para os que queiran gozar da Internet, aplicacións e vídeos sen ter que cargar cun tablet.

O Samsung GALAXY Player 5.8 destaca pola súa pantalla, aínda que tamén é moi completo en prestacións

PUBLICIDADE