Samsung estrea novos terminais orientados á reprodución de música
xoves, 11 de outubro do 2007
O uso do teléfono móbil coma reprodutor multimedia quere imporse, ou tal
temos que entender ó ver que Samsung lanzou
3 novos terminais que soportan a reprodución dos formatos de son máis
populares (MP3, AAC, WMA e WMDRM).
Os novos modelos son o SGH-i450 (que conta con dobre teclado deslizante e unha
roda táctil de navegación musical), o SGH-F210 (que ten un teclado xiratorio e
semella máis un reprodutor multimedia que un móbil) e o SGH-F330 (que destaca
polo seu reducido grosor) que se
venderán a 380, 280 e 260 euros respectivamente (ós que se poderán aplicar
subvencións das operadoras de telefonÃa).
O Samsung SGH-i450 e un móbil que combina un deseño atractivo con varias
prestacións multimedia, que presenta dun dobre teclado deslizante de xeito que
podemos adaptar a súa dispoñibilidade de teclas segundo o esteamos a usar coma
móbil ou coma reprodutor multimedia. Funciona coa terceira edición do sistema
operativo Symbian e ten conectividade HSDPA que lle permite descargar da Rede a
velocidades de ata 3,6 Mbps. Inclúe 35 Mb de memoria interna e unha fenda para
tarxetas microSD para o almacenamento musical. No mes de outubro chegará ó
mercado italiano, para pasar logo ó resto de Europa.
O Samsung SGH-F330 ten un deseño moi fino (só 13,5 mm de grosor) e
atractivo, agochando nun teclado deslizante os números de marcación telefónica
mentres presenta na súa carcasa as teclas de reprodución multimedia, que
parecen ser a súa función principal, aÃnda que tamén conta con conectividade
HSDPA, soporte de tarxetas microSD e unha cámara de 2 MpÃxeles. Nos vindeiros dÃas
chegará a Alemaña, tralo que pasará a distribuÃrse no resto de Europa.
O Samsung SGH-F210 presenta unha aparencia alongada, e para acceder ó seu
teclado hai que xiralo, que sorprende a máis de un por non parecer un teléfono
móbil, e que está optimizado para o seu uso coma reprodutor musical, para o que
incorpora 1 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD. Venderase
en Alemaña a mediados de outubro e agardan que chegue logo ó resto dos paÃses
europeos.