Samsung estrea videocámara con lente inclinada

xoves, 2 de setembro do 2010 Marcus Fernández

No IFA de Berlín Samsung presentou a súa nova videocámara HMX-T10, que recupera un orixinal deseño no que a súa lente está inclinada 20 graos para facilitar un agarre máis cómodo para o usuario, o que parece ser unha prestación ben recibida (pois danlle continuidade).
A nova cámara grava vídeo a 1.920 x 1.080 píxeles a 60 cadros por segundo en modo entrelazado, así como toma fotografías a 4,7 Mpíxeles mentres gravamos vídeo. Tamén ten unha pantalla táctil de 2.7 polgadas dende a que controlar o dispositivo que almacena os contidos en tarxetas SD/SDHC. A calidade de captación de imaxes e gravación de vídeo é bastante superior ao habitual a camascopios deste rango de prezos, grazas a un estabilizador de imaxe óptico e un avanzado sensor CMOS BSI que dobra a sensibilidade dos sensores CMOS convencionais, o que agradécese en condicións de baixa luminosidade.
A Samsung HMX-T10 estará dispoñible por 299 euros en 3 cores: vermello, branco e negro.

PUBLICIDADE