Samsung lanza un novo móbil verde

luns, 7 de xullo do 2008 Marcus Fernández

A carcasa do novo móbil de Samsung está feita de bioplástico (a partir de millo)

Para avanzar no respecto medioambiental Samsung vén de lanzar ao mercado surcoreano o seu Eco Phone, tamén coñecido coma Samsung SCH-W510, que é un terminal HSDPA feito de bioplástico (feito con millo natural, e carente de metais pesados, coma o mercurio).
Pero aparte da cara ecolóxica do móbil, tampouco queda atrás en prestacións técnicas, cunha pantalla TFT de 2,1 polgadas cunha resolución de 240 x 320 píxeles, cámara de 3 Mpíxeles, reprodución de audio e vídeo, sintonizador de radio FM, sintonizador da TDT móbil utilizada en Corea do Sur (DMB), Bluetooth, lector de tarxetas microSD e toma USB.

PUBLICIDADE