Samsung leva á Gamescom os seus monitores para gaming
venres, 23 de agosto do 2019
Samsung
acudiu este ano á Gamescom de Colonia para presentar novos monitores
orientados aos xogos para PC, entre os que destacou especialmente o CRG5, o
monitor gaming curvo máis recente da compañÃa surcoreana que presume de
ser o primeiro da súa categorÃa en contar cunha taxe de refresco de 240 Hz e
nVIDIA G-Sync, conseguindo unha grande experiencia para xogadores.
O monitor
Samsung CRG5 de 27 polgadas emprega a tecnoloxÃa 240Hz RapidCurve cunha taxa
de refresco ultrarrápida e unha curvatura de 1500R, conseguindo asà escenas
fluÃdas e unha experiencia envolvente, que xunto co G-Sync consegue evitar
problemas de tearing e stuttering. Goza dunha relación de
contraste de 3.000:1, conta cun deseño case sen marcos, o seu panel VA ten 178
graos de ángulo de visión en vertical e horizontal, e tamén conta con modos de
configuración orientados a distintos estilos de xogos ou incluso a reducir a
fatiga visual.
VÃdeo promocional do monitor CRG5
Pero este non foi o único monitor que amosou Samsung en Colonia, chamando poderosamente
a atención o Samsung
CRG9 de 49 polgadas, que presenta unha resolución de 5.120 x 1.440 pÃxeles,
ou sexa, que equivale a colocar de xeito contiguo 2 monitores panorámicos QHD
de 27 polgadas, de xeito que tanto pode ser ideal para certos xogos como para a
multi-tarefa, destacando tamén polo seu brillo, xa que estamos ante unha
pantalla HDR1000 con tecnoloxÃa QLED, que consegue tamén unha grande riqueza
cromática. Neste caso a velocidade de refresco queda en 120 Hz, o que
actualmente é máis que dabondo para unha grande experiencia en videoxogos.
Dado que as dimensións do CRG9 son equivalentes a ter dous monitores unidos
lateralmente, esta pantalla conta tamén cun modo Picture-by-Picture co que
dividir o panel en dúas zonas con proporcións 16:9 nas que amosar imaxes de cadansúa
fonte de vÃdeo (polo que poderiamos ver á vez as imaxes de dous ordenadores ou
dun ordenador e dunha consola).
Ambos monitores xa están dispoñibles comercialmente a nivel mundial.
VÃdeo promocional do monitor CRG9