Samsung mellora o rendemento das súas unidades SSD
mércores, 23 de xaneiro do 2019
Samsung continúa a mellorar as súas unidades de memoria SSD,
e agora presenta
a Samsung 970 EVO Plus, que con capacidades de até 2 TB en formato M.2
constitúe un novo estándar para o almacenamento de alta rendemento para
ordenadores persoais. Estas unidades NVMe integran os chips V-NAND máis avanzados
de Samsung, con firmware optimizado, de xeito que as unidades 970 EVO Plus
conseguen mellorar un 57% en velocidade de escritura fronte ás 970 EVO, á vez
que melloran a súa eficiencia enerxética.
As novas unidades SSD de Samsung conseguen velocidades de 3.500 MB/segundo de
escritura secuencial e 3.300 MB/segundo de lectura secuencial, mentres que as
velocidades de acceso aleatorio chegan até os 620.000 IOPS por lectura e até os
560.000 IOPS en operacións de escritura.
Ofrécense dende xa en versións de 250 GB, 500 GB e 1 TB de capacidade, mentres
que no mes de abril sairá á venda unha versión de 2 TB, partindo os prezos
destas unidades dos 89,99 dólares, de xeito que dar un salto de rendemento e
eficiencia para aplicacións de grande largo de banda é relativamente asumible.
VÃdeo de presentación das unidades Samsung 970 EVO Plus