Samsung poderÃa amosar o seu smartphone con pantalla dobrable en novembro
martes, 4 de setembro do 2018
Hai preto dun ano o presidente da división móbil de Samsung,
Koh Dong-jin, comentou que estaban
a preparar un smartphone con pantalla dobrable que verÃa a luz en 2018 e,
aÃnda que habÃa rumores que apuntaban a dificultades no desenvolvemento de tal
produto revolucionario, Koh reafirmouse nunha entrevista para a CNBC, asegurando
que están a buscar que o dispositivo teña utilidades diferentes ás dunha
tableta e que poderÃan
presentar o trebello na Samsung Developers Conference que celebrarase en
novembro.
Koh asegura que un teléfono con pantalla encartable poderÃa servir para o mesmo
que un smartphone ordinario, pero que ao despregar a súa pantalla terÃa que ter
vantaxes de seu, que o diferencien claramente dunha tableta, porque en caso
contrario non terÃa atractivo para os consumidores. Deste xeito podemos
entender que actualmente o problema para Samsung non é a tecnoloxÃa de pantalla en si, senón o seu ámbito de aplicación,
xa que hai que pensar na utilidade do produto para que esta innovación non
remate no esquecemento como moitas outras.
AÃnda que a presentación deste concepto de smartphone terÃa lugar en novembro,
aÃnda non hai previsións sobre cando chegarÃa ao mercado, por múltiples motivos,
pero o feito de que Samsung leve anos traballando no proxecto fai confiar que
poida saÃr algo bo do mesmo aÃnda que a súa recepción inicial poida non ser
todo o boa que desexarÃan (lembremos que cando chegaron ao mercado os Galaxy
Note existÃa certo rexeitamento ás pantallas grandes, e actualmente son a norma
no sector e incluso os primeiros tabletófonos
de Samsung hoxe verÃanse como smartphones de tamaño reducido).