Samsung pon á venda un monitor curvo de 27 polgadas

luns, 29 de setembro do 2014 Marcus Fernández

Os televisores curvos de grande tamaño son unha tecnoloxía cada vez máis presente en feiras tecnolóxicas, que pouco a pouco van chegando ao mercado, e tal concepto envolvente tamén pode aplicarse a unha menor escala, de aí que Samsung comece esta semana a comercialización en EE.UU. do seu monitor SD590C que co seu panel curvo consegue un uso máis cómodo e cativador, especialmente para o consumo de multimedia e de videoxogos.
Os novos monitores de Samsung chegan nun tamaño de 27 polgadas, teñen un elevado brillo (350 cd/m2) e un elevando nivel de contraste (3.000:1). Tamén gozan dun impresionante son de dúas canles e 5 watts, aínda que o máis destacable é que conta cun modo especializado en videoxogos, que pode activarse cun único clic, e que optimiza as imaxes para detectar os cambios de escena, optimizar o contraste e mellorar a representación das cores.
O Samsung SD590C ten unha resolución Full HD, un refresco de 60 Hz, una velocidade de resposta de 4 milisegundos, un ángulo de visión de 178 graos en vertical e horizontal e un prezo de venda de 429,99 dólares (338,81 euros). É de agardar que chegue a Europa en poucas semanas.

A curvatura do monitor está pensada para o consumo multimedia e o uso de videoxogos

PUBLICIDADE