Samsung prepara un móbil con Android económico

venres, 14 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

En febreiro Barcelona vai acoller unha nova edición do Mobile World Congress, ocasión que aproveitarán moitos fabricantes para presentar novos terminais entre os que destacarán os móbiles con Android de nova xeración, aínda que outras compañías tamén buscan atender a demanda existente de teléfonos de gama media, de aí que agárdase a presentación do Samsung Galaxy Mini (S5570) que virá con Android 2.2.1 coa interface TouchWiz UI e funcionará cunha pantalla táctil cunha resolución de 320 x 240, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, lector de tarxetas microSD e medirá 110,42 x 60,76 x 12,68 milímetros.
Dá a impresión de que teremos aquí a resposta de Samsung ao popular HTC Wildfire, ou sexa, un móbil que poderá conseguirse de balde ao contratar unha tarifa de datos móbil.

PUBLICIDADE