Samsung presenta 2 novas cámaras compactas para vídeo HD e fotografías

martes, 23 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Durante estes días Samsung deu a coñecer unha serie de cámaras dixitais válidas tanto para tirar fotografías coma para gravar vídeos en alta definición. Estamos a falar das Samsung HMX-U20 e HMX-U15, que funcionan con sensores CMOS de 10 e 14 Mpíxeles respectivamente e que permiten gravar vídeo a 1.080p a 30 fotogramas por segundo en formato H.264. Ambas cámaras incorporan o sistema de estabilización de imaxe Hyper Digital Image Stabilization, pantalla LCD de 2 polgadas, saída HDMI, conexión USB, función de gravación time-lapse (o que permite programa as videocámaras para capturar unha imaxe cada 1, 5 10 ou 30 segundos) e no caso da HMX-U20, un zoom óptico de 3x.
Estas novas cámaras chegarán ao mercado a vindeira primavera en cores negra, prata, vermella e azul e a 229 dólares a HMX-U15 e a 249 dólares a HMX-U20.

PUBLICIDADE