Samsung presenta 2 videocámaras con soporte de iFrame

mércores, 14 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Sanyo presentou dúas novas cámaras de vídeo de alta definición que non só gravan a 1.080p e 1.080i a 60 fotogramas por segundo, senón que tamén inclúe o soporte de iFrame, un novo formato promovido por Apple que consiste en imaxes de 960 x 540 píxeles a 30 fps optimizado para a edición de vídeo e que vén de ser incorporado á nova versión da aplicación iMovie ‘09 para Mac OS X.
A Sanyo VPC-HD2000A sería o modelo da nova xeración de cámaras de Sanyo, que pode tomar imaxes de 8 Mpíxeles (ata 12 fotografías por segundo), conta cun modo de cámara super-lenta (600 fps), pantalla LCD de 2,7 polgadas, zoom óptico de 10x, estabilizador dixital de imaxe, flash e saída HDMI. Grava os contidos en tarxetas de memoria SD/SDHC. O seu prezo de venda é de 599,99 dólares (401,12 euros).
A Sanyo VPC-FH1A contará co mesmo hardware da cámara anterior, pero cun formato máis tradicional e cunha pantalla de 3 polgadas. Esta cámara está á venda por 499,99 dólares (334,16 euros).
Estas cámaras son válidas tanto para PC coma para Mac, e fan uso de tecnoloxía estándar coma H.264, AAC, MP4 e MOV.

PUBLICIDADE