Samsung presenta as súas lámpadas intelixentes

xoves, 27 de marzo do 2014 Marcus Fernández

LG Electronics presentou esta semana as súas lámpadas LED conectadas, achegando novas posibilidades á iluminación doméstica grazas á conectividade Wi-Fi e Bluetooth, e Samsung, querendo non ser menos, presenta agora a súa Smart Blub, que trátase dunha lámpada LED de brillo regulable (que pode reducirse ata deixalo nun 10%) e con control sobre a súa temperatura de cor entre 2.700K e 6.500K, que en vez de optar por dobre conectividade, confórmase só co Bluetooth, permitindo o seu control dende smartphones e tablets a través dunha aplicación que podería xestionar ata 64 lámpadas sen precisar de hardware adicional.
Estas novas lámpadas terían unha vida de 15.000 horas (o que serían uns 10 anos para un uso medio).

PUBLICIDADE