Samsung presenta o Notebook 9 Pen orientado a creadores

venres, 14 de decembro do 2018 Marcus Fernández

Samsung non limita o lapis dixitalizador S Pen ao smartphone Galaxy Note9, senón que tamén o leva a ordenadores portátiles, e así agora temos o novo Notebook 9 Pen, un ordenador 2-en-1 que integra S Pen para desatar o potencial creativo dos usuarios. O SPen pode inserirse no equipo para o seu transporte e non precisa cargarse, destacando por ter reducido a súa latencia fronte a versións anteriores, de xeito que a súa experiencia de uso é moi semellante á de escribir en papel.
Estes equipos con corpo metálico e marco da aluminio para unha grande resistencia, resultan moi elegantes, e están equipados con procesadores Intel Core de 8ª xeración, así como cunha xenerosa batería que permítelles conseguir autonomías de até 15 horas. A súa conectiviadde tamén é boa, incluíndo tanto un par de portos Thunderbolt 3 como soporte de Wi-Fi AC a velocidades gigabit.
O Samsung Notebook 9 Pen chegará ao mercado a primeiros do ano que vén en versións con pantallas Full HD de 13,3 e 15 polgadas respectivamente, con recoñecemento facial e de pegadas dixitais, teclado retroiluminado e altofalantes estéreo AKG, diferenciándose ambas versión non só en tamaño e peso, senón que o modelo de 15 polgadas destaca por estar equipado cunha gráfica nVIDIA GeForce MX150 con 2 GB de memoria dedicada, mentres que o modelo de 13,3 polgadas ten unha gráfica con memoria compartida.

PUBLICIDADE