Samsung presenta o seu primeiro móbil WiMax
venres, 10 de novembro do 2006
Os teléfonos móbiles empregan habitualmente tecnoloxÃas exclusivas para establecer comunicacións coma GSM, GPRS ou UMTS, pero tamén hai modelos que incorporan conectividade Wi-Fi, o que permite empregar as redes domésticas e corporativas para empregar servizos de banda larga ou para efectuar chamadas a través de tecnoloxÃas VoIP, e agora Samsung abre a porta á tecnoloxÃa WiMax (coñecida na súa modalidade móbil coma WiBro) co seu terminal SPH-M8100.
A tecnoloxÃa WiMax mellora tanto a velocidade como a cobertura con respecto a Wi-Fi, e nos móbiles abrirÃa as comunicacións de datos a velocidades de ata 20 Mbps e tamén permitirÃa realizar chamadas, aÃnda que no terminal do que falamos non estariamos a falar exactamente dun teléfono, xa que non funciona a través de redes alternativas, polo que serÃa un dispositivo móbil que permite efectuar chamadas (¿terán un nome diferenciado no futuro?).
Ademais, o dispositivo tamén pode recibir televisión dixital con tecnoloxÃa T-DMB (actualmente en funcionamento en Corea do Sur) e tamén inclúe unha saÃda de televisión (de xeito que se pode converter nun curioso receptor doméstico de televisión dixital). Tamén pode empregarse como dispositivo de conexión para un ordenador portátil, polo que as posibilidades das novas tecnoloxÃas sen fÃos promete grandes vantaxes en mobilidade.