Samsung presenta un novo monitor curvo para gamers
xoves, 29 de decembro do 2016
Pensando nos afeccionados aos videoxogos Samsung está a
preparar o lanzamento do seu novo
monitor curvo CH711 Quatum Dot en modelos con tamaños de 27 e 31,5 polgadas
que sairán á venda a primeiros de 2017 e que amosaranse ao público durante a celebración
do CES de Las Vegas.
Este novo monitor con curvatura 1,800R e un ángulo de visión de 178 graos,
permite que sexa visible dende calquera lugar da habitación, sendo tamén
posible axustar a súa posición en vertical e horizontal para que sexa cómodo o
seu uso.
O panel do monitor Samsung CH711 Quantum Dot ten unha resolución de 2.560 x
1.440 pÃxeles e unha cobertura de cor sRGB do 125%, conseguindo asà unha fidelidade
de cor boa a calquera distancia, á vez que tamén presume dunha estética moi
coidada, case sen bordes en tres dos seus lados e incluso coa posibilidade de
agochar o cable HDMI que o conecta ao ordenador no seu pé.
Este monitor ultrapanorámico (21:9) tamén pode resultar cómodo para reproducir
contidos de varias fontes á vez mediante a tecnoloxÃa Picture-by-Picture, de
xeito que podemos colocar en pantalla vÃdeo achegado por HDMI ou DisplayPort.
Tamén é posible empregar a función Picture-in-Picture, na que o usuario poderá estreitar
o contido e colocalo en pantalla onde
desexe, para asà poder ver dúas fontes de vÃdeo á vez.