Samsung presenta un novo smartphone 5G con prezo axustado

venres, 4 de xuño do 2021 Marcus Fernández

Samsung continúa a ampliar o seu catálogo de móbiles con prezos contidos e conectividade 5G, e así temos ao novo Samsung Galaxy A22 5G, que chegará ao mercado con 64 GB de capacidade de almacenamento por 229 euros e con 128 GB de capacidade por 249 euros.
Este novo teléfono con pantalla Full HD+ de 6,6 polgadas de diagonal e refresco de 90 Hz, ten unha cámara traseira tripla cun sensor principal de 48 Mpíxeles, unha cámara frontal de 8 Mpíxeles, 4 GB de RAM, procesador de 8 núcleos, lector de impresións dixitais lateral e unha xenerosa batería de 5.000 mAh con carga rápida de 15 watts.
Temos aquí un móbil que busca gañarse aos consumidores pola súa pantalla e a conectividade 5G a un prezo axustado.

PUBLICIDADE