Samsung presenta un par de móbiles de gama media moi completos
mércores, 15 de marzo do 2023
Samsung
presentou hoxe os novos Galaxy A54 5G e Galaxy A34 5G, smartphones que
ofrecen unha magnÃfica experiencia de uso e unhas cámaras moi competentes para
fotografÃa e vÃdeo sen ter un prezo excesivo e podendo presumir dunha baterÃa capaz
de superar os 2 dÃas de duración. Ambos móbiles contan con pantallas Super
AMOLED optimizadas para facilitar o seu uso a plena luz do sol, e cunha
velocidade de refresco de 120 Hz. Tamén gozan de conectividade 5G e prometen
actualizacións de sistema operativo durante 4 xeracións e 5 anos de
actualizacións de seguridade, o que garante unha longa vida destes smartphones.
- O Galaxy A34 5G pode adquirirse en 4 cores distintas
O Samsung
Galaxy A54 5G presenta unha pantalla Full HD+ de 6,4 polgadas, 8 GB de RAM,
128/256 GB de almacenamento, cámara traseira tripla cun sensor principal de 50
MpÃxeles, cámara frontal de 32 MpÃxeles (nunha perforación en pantalla),
baterÃa de 5.000 mAh e carcasa dispoñible en 4 cores diferentes.
Pola súa banda, o Samsung
Galaxy 34 5G ten unha pantalla Full HD+ de 6,6 polgadas, 6/8 GB de RAM,
128/256 GB de almacenamento interno, cámara traseira tripla cun sensor principal
de 48 MpÃxeles, cámara frontal de 13 MpÃxeles (integrada nunha pestana
superior), baterÃa de 5.000 mAh e carcasa dispoñible en 4 cores diferentes.
Ambos móbiles chegarán ás tendas oficialmente o vindeiro dÃa 31, partindo o
Galaxy A34 5G dos 399 euros e o Galaxy A54 5G dos 499 euros.