Samsung renova os seus smartphones insignia
luns, 22 de febreiro do 2016
- Os novos móbiles insignia de Samsung poderán ampliar a súa capacidade de almacenamento interno mediante tarxetas de memoria
Como antesala ao Mobile World Congress celebrouse o Samsung
Galaxy Unpacked 2016, evento dirixido a dar a coñecer os novos produtos móbiles
insignia de Samsung, que mantendo a liña estética do ano pasado, incorporan
novidades dabondo como para falar dunha nova
xeración de dispositivos, como o feito de que as pantalla de 5,1 e 5,5
polgadas dos Galaxy
S7 e Galaxy
S7 edge gozan da funcionalidade Always-On,
para evitar que o usuario perda chamadas o importantes notificacións, ambos
terminais integran cámaras Dual Pixel que conseguen imaxes máis luminosas e
definidas, gozan de resistencia IP68 á auga e ao po (prestación que se botara
en falta o ano pasado), integran carga rápida mediante cable e sen fÃos e, como
importante que agradecerán moitos consumidores, a súa nova bandexa para
tarxetas é hÃbrida, de xeito que facilita a ampliación do almacenamento interno
mediante tarxetas microSD de até 200 GB e, nalgúns mercado, tamén pode
empregarse como solución dual SIM.
Sobra dicir que estes novos terminais están deseñados para ser compatibles con
Samsung Pay (tecnoloxÃa de pagamentos mediante o móbil que en está a ultimar a
súa chegada a España) e tamén gozan de facilidades para poder aproveitar o
smartphone con dispositivos e accesorios de realidade virtual.
A nivel de especificacións falamos de smartphones 4G (con velocidades de até
450/50 Mbps), procesadores de 8/4 núcleos e 64 bits, 4 GB de RAM, 32/64 GB de
almacenamento interno, pantallas cunha resolución de 2.560 x 1.440 pÃxeles,
cámara traseira Dual Pixel de 12 MpÃxeles con apertura f/1.7 e estabilización
óptica de imaxe, cámara frontal de 5 MpÃxeles cunha apertura de f/1.7, NFC, Wi-Fi
AC, Bluetooth 4.2, USB 2.0 e sistema operativo Android 6.0. Como diferenzas
entre os dous terminais, aparte do tamaño de pantalla e a correspondente
curvatura do modelo edge, as diferencias entre ambos smartphones radicarÃan nas
dimensións fÃsicas, o peso e a baterÃa, de xeito que no Galaxy S7 temos un
teléfono de 7,9 milÃmetros de grosor, 152 gramos de peso e baterÃa de 3.000
mAh, mentres que o Galaxy S7 edge ten un grosor de 7,7 milÃmetros, pesa 157
gramos e a súa baterÃa medra até os 3.600 mAh.
Os novos smartphones xa están dispoñibles en reserva en España por prezos que parten dos 719 euros (nalgúns casos incluÃndo unhas lentes de realidade virtual sen custo adicional), agardándose a súa dispoñibilidade en tendas o 11 de marzo.
- Os novos smartphones insignia integran Samsung Pay
- Os novos móbiles insignia de Samsung recuperan a resistencia á auga
VÃdeo de presentación dos Samsung Galaxy S7 e S7 edge