Samsung trae a España o Galaxy Note10+ na súa edición especial de Star Wars

martes, 10 de decembro do 2019 Marcus Fernández

A pouco máis dunha semana para a estrea cinematográfica de Star Wars: El Ascenso de Skywalker, Samsung anuncia que finalmente comercializará en España a edición especial do Samsung Galaxy Note10+ co gallo da estrea do filme que porá peche á última triloxía de Star Wars.
Este novo produto conta con elementos de deseño e contido dixital inspirado en Star Wars, de xeito que temos que o smartphone chegará acompañado por unha funda de coiro (co deseño do casco de Kylo Ren), unha insignia de coleccionista, uns auriculares sen fíos Galaxy Buds (a xogo coa estética negra e vermella desta edición especial), un S Pen vermello (inspirado nunha espada de luz) e contido dixital (fondos de pantalla, animacións de acendido e apagado, iconas e sons) coa temática de Star Wars.
O teléfono nesta edición especial sae á venda a un prezo de 1.299 euros, e inclúe a versión do Note10+ con 12 GB de RAM e 256 GB de capacidade (valorado, sen accesorios, en 1.059 euros).

O lanzamento desta edición especial do Note10+ está enmarcado dentro dunha campaña de colaboración entre Samsung e Lucasfilm

PUBLICIDADE