Samsung trae a España o seu último encerado dixital
venres, 25 de outubro do 2019
Dende
esta semana as empresas españolas poden facerse cun dos encerados dixitais
interactivos Samsung Flip 2, que perseguen simplificar o espazo de
traballo, ofrecendo un grande número de posibilidades á hora de xerar e
compartir ideas nunha xuntanza. A través dun uso moi sinxelo, permite múltiples
opcións de escritura para personalizar anotacións e realizar ilustracións,
ofrecendo unha experiencia de usuario mellorada.
Flip 2 ofrece unha pantalla de ultra alta definición cun tempo de resposta de
6,8 milisegundos, o que permite unha escritura fluÃda nunha variedade de
estilos e colores sen retardo. Tamén mellora a velocidade de recoñecemento de
texto fronte á versión anterior deste encerado dixital.
Con Flip 2 é posible que até 4 persoas traballen na pantalla ao mesmo tempo,
utilizando o lapis magnético Flip-pen para escribir as súas notas, ou incluso
calquera bolÃgrafo para destacar determinados datos. A pantalla tamén recoñecen
o grosor dos obxectos de escritura para reflectilo (e incluso conta con función
de pincel, para converter o encerado nun lenzo). Para a elaboración de presentacións
dun xeito áxil e sinxelo o dispositivo inclúe moldes precargados.
A nova versión do encerado permite recortar, editar e mover imaxes cun clic en
documentos de até 20 páxinas. Tamén permite almacenar información mediante un
código PIN de 6 dÃxitos, polo que os traballos realizados poden finalizarse
posteriormente sen que ninguén poida acceder aos mesmos.
As imaxes, os documentos de Word, as follas de cálculo de Excel ou os PDF poden
transferirse por Wi-Fi ou Bluetooth dende un ordenador ou smartphone, e Flip 2
tamén ten acceso a Office 365, VMware Horizon e Samsung Workplace para a
descarga de documentos na nube.
Inclúe navegador web, reprodución de vÃdeo, compartir pantalla e a conexión de
periféricos como un teclado ou un rato a través de Bluetooth, converténdose nun
dispositivo moi versátil que está dispoñible en tamaños de 55 e 65 polgadas. A
versión de 55 polgadas preséntase nun soporte fino con rodas que deixa espazo
ao seu redor e busca facilitar o seu transporte; mentres que a versión de 65
polgadas é ideal para salas de xuntanzas máis grandes e pode colocarse na
parede empregando un soporte opcional. A pantalla tamén pode empregarse en
vertical ou horizontal para adaptarse ás necesidades do momento.
Este produto busca transformar o traballo diario en oficinas, centros
educativos e axencias creativas.
VÃdeo promocional do Samsung Flip 2