San Sadurniño mostra en tres obradoiros online as posibilidades dos móbiles para comunicarnos, mercar e mellorar a saúde
venres, 25 de setembro do 2020
A
aula CeMIT de San
Sadurniño vai retomar en outubro os seus cursos de alfabetización
dixital, aÃnda que, por razóns preventivas e de seguridade
sanitaria, non serán presenciais. O catálogo de actividades, que
forman parte do programa Obradoiros TIC na Casa 2020-21,
optará pola vÃdeo-conferencia como medio de comunicación, deixando
as titorÃas en persoa (con cita previa) para consultas técnicas ou
problemas que non se poidan resolver por teléfono. O primeiro curso
(Uso da vÃdeo-conferencia) empeza o 6 de outubro e xa é
posÃbel facer inscrición a través da conta
cemit.sansadurnino@xunta.gal ou do teléfono/Whatsapp 616 016 793.
Esta
primeira actividade está programada para os martes 6, 13, 20 e 27 de
outubro de 10 a 11.30h. A través del verase o funcionamento básico
dos programas de parola grupal ao vivo e tamén a maneira de
instalalos e de configuralos, insistindo moito no control da
privacidade. Botarase luz sobre algúns dos máis coñecidos, como
Skype, Zoom e Google Hangouts, aÃnda que para este curso tirarase
partido, pola súa sinxeleza e polo seu carácter de aberto, da
ferramenta Jitsi.
O
seguinte curso, Compras seguras por Internet, está
previsto para os mércores 7, 14, 21 e 28 de outubro, tamén en
horario de 10 a 11.30h. Neste caso coñeceranse as distintas maneiras
que existen na Rede para mercar e pagar de forma segura, asà como
múltiples trucos para aforrar comparando prezos e buscando ofertas
vantaxosas.
A
última acción formativa programada leva o nome de Saúde no
móbil e fixouse para os xoves 8, 15, 22 e 29 de outubro das 10
ás 11.30h. Nesa hora e media diaria descubriranse as maneiras de
controlar a actividade fÃsica e a alimentación, ademais de varios
aplicativos gratuÃtos para exercitar a memoria. No curso tamén se
ensinará a pedir cita médica no SERGAS sen necesidade de chamar ao
Centro de Saúde e incluso se verá a maneira de consultar informes
médicos.
A
maiores destes cursos de outubro, a Aula TIC está a preparar para
máis adiante outros obradoiros de interese para a cidadanÃa:
Trámites coa Administración por Internet, Iniciación ao manexo dos
dispositivos móbiles (teléfonos e tabletas), Aprender a aprender
coas TIC, Crea a túa canle en Youtube e Crea o teu Blog.
De todos eles darase información cando estea pechado o calendario.