Sanyo presenta unha videocámara Full HD somerxible

venres, 6 de agosto do 2010 Marcus Fernández

As videocámaras resistentes á auga de Sanyo non son ningunha novidade, pero evolucionan, e así a familia Xacti medra e incorpora a cámara VPC-CA102YL, que é unha cámara dual capaz de gravar ata 480 minutos de vídeo en alta definición a 1.080i (a 60 cadros por segundo) nunha tarxeta de memoria SDXC de 64 Gb e tomar imaxes de 14 Mpíxeles a unha profundidade de ata 3 metros.
A cámara é compacta, con formato vertical, pantalla TDT de 2,7 polgadas, zoom óptico de 5x, compatible con tarxetas SD, SDHC e SDXC, USB, porto mini-HDMI para poder ver as nosas gravacións nun televisor, batería recargable por USB e un prezo de venda de 349,99 dólares. Estará dispoñible este mesmo mes.

PUBLICIDADE