Se ha escrito un crimen terá videoxogo

mércores, 15 de xullo do 2009 Marcus Fernández

A algúns sorprende que a serie de televisión de As Bolas Máxicas continúe a inspirar videoxogos por ter pasado moitos anos dende a súa emisión, pero as franquías catódicas parecen ter unha longa traxectoria, como demostra o último anuncio de Legacy Interactive, compañía que está a desenvolver un xogo de misterio que devolverá ás pantallas (desta vez do ordenador) as aventuras da escritora Jessica Fletcher en Se ha escrito un crimen.
O novo xogo estará dispoñible para PC a finais de ano, e todo apunta a que este título tratará de analizar distintos escenarios na procura de pistas para resolver un crime, coma nos xogos inspirados na serie de televisión CSI ou incluso en clásicos de 8 bits coma Vera Cruz.

PUBLICIDADE