SeQura facilitará o financiamento das compras nas tendas GAME
martes, 20 de outubro do 2020
Nun momento no que se está a disparar o consumo no sector
dos videoxogos a plataforma de pagamentos SeQura chegou a un acordo coa cadea
de tendas GAME para ofrecer aos seus clientes unha nova experiencia de compra
tanto nas súas 241 tendas fÃsicas en España como a través da súa tenda en liña.
A solución InStore permite que os usuarios de GAME poidan mercar os produtos a
través dos seus smartphones, o que permite reducir o paso por caixa á vez que
potencia á venda en liña, como tamén fixeron algunhas tendas de Xiaomi o pasado
verán.
Amais, SeQura vén de lanzar Divide en 3, un novo xeito de realizar
pagamentos flexibles que ofrece a posibilidade de que os clientes paguen en 3
meses sen xuros en compras de calquera produto, o que aseguran que permite
incrementar as vendas até un 20%.