Seagate prepara unidades SSD capaces de transferir datos até a 10 GB/seg.

mércores, 9 de marzo do 2016 Marcus Fernández

As unidades SSD continúan a avanzar como solucións de almacenamento de grande velocidade que coller o relevo aos discos duros mecánicos, e Seagate vai marcar este verán un novo teito neste tipo na gama empresarial deste tipo de dispositivos con unidades capaces de transferir até 10 GB por segundo, marcando unha distancia considerable fronte as unidades máis rápidas até o momento (que chegaban a 6 GB por segundo).
Polo momento non se detallan as capacidades, prezos e velocidades de lectura/escritura das novas unidades, pero loxicamente non estamos ante unidades SATA, senón que funcionarían directamente en rañuras PCIe, superando un 66% o rendemento da anterior xeración deste tipo de discos de Seagate, que van dirixidos principalmente a servizos nos que buscan achegar contidos e datos a grande velocidade (ou a moitos usuarios simultáneos), polo que dende Seagate inciden no feito de que esta tecnoloxía sería ideal, por exemplo, para servidores de streaming.
As novas unidades SSD de 10 GB/seg. precisarían rañuras PCIe x16, aínda que Seagate tamén comercializará novas unidades para rañuras PCIe x8 que conseguirían velocidades de até 6,7 GB/seg.

PUBLICIDADE