SecuTABLET, unha tableta segura grazas á colaboración de BlackBerry e IBM
luns, 16 de marzo do 2015
A que
fora a feira tecnolóxica máis importante do mundo, o CeBIT, que até o venres xuntará a milleiros de
asistentes en Hannover, foi o marco elixido para presentar ao mundo a nova
tableta promovida por BlackBerry para o sector público e empresarial, a SecuTABLET,
que curiosamente non é un produto fabricado por BlackBerry, senón que serÃa
un trebello baseado no Samsung Galaxy Tab S 10.5 que integrarÃa importantes
melloras a nivel de seguridade para que poida certificarse o seu uso por parte
de certos organismos públicos.
Esta tableta creada en colaboración con IBM estarÃa integrada no catálogo
SecuSUITE for BlackBerry 10, e non só asegurarÃa as aplicacións de comunicación
profesionais, senón que tamén protexerÃa as comunicacións a través de servizos
como Facebook, YouTube ou Twitter, tirando proveito da coñecida rede de
comunicacións seguras de BlackBerry.
A compañÃa encargada de prover a tecnoloxÃa para asegurar as aplicacións
móbiles e implementar solucións de alto nivel de seguridade en infraestruturas
de varios clientes dentro do sector gobernamental foi IBM, conseguindo asà que
esta nova solución que está a presentarse en Alemaña poida resultar apta para o
uso por organismos do sector da Defensa, na liña do que BlackBerry ten
conseguido cos teléfonos (os smartphones BlackBerry 10 foron os primeiros en
aprobarse pola OTAN para as comunicacións clasificadas).
Este produto vai dirixido a un sector moi especÃfico, de aà que o seu prezo
poida resultar bastante rechamante para o público xeral, xa que coméntase que a
SecuTABLET custarÃa 2.250 euros.