Shoot Many Robots: Area Kings entra en fase de probas para PC

martes, 24 de xullo do 2012 Marcus Fernández

Demiurge Studios, tras o éxito do xogo Shoot Many Robots para PS3, Xbox 360 e PlayStation 3, anuncian que xa están a traballar na súa secuela, Shoot Many Robots: Arena Kings, xogo de acción en liña que xa ten aberta a súa fase de probas pechada a través de Steam (PC) para a que teñen a inscrición aberta, e que conservará a liña artística e de control do seu predecesor, pero con distintas areas de combate na que se realizarán partidas deathmatch en liña conformando un xogo de xogador contra xogador que apostará polo free-to-play como modelo de negocio. Os responsables do xogo aseguran que contará con actualizacións semanais, o que podería contribuír claramente á consolidación dunha importante base de usuarios deste título prometedor.

Arena Kings adoptará unha mecánica semellante ao primeiro Shoot Many Robots, pero mudando o seu modelo de xogo

PUBLICIDADE