Sthreeam proponse como unha solución para gravar en 3D co iPhone

martes, 7 de xuño do 2011 Marcus Fernández

A plataforma de financiamento de proxectos creativos Kickstarter sorprende un produto que parece o suficientemente atractivo como para converterse en realidade cedo, como Sthreeam, un complemento para o iPhone desenvolvido pola empresa pamplonesa Enginea que se conecta da base do móbil de Apple e que engadirá unha cámara dixital secundaria (de 3 Mpíxeles para o iPhone 3GS e de 5 Mpíxeles para o iPhone 4) de xeito que facilita a captura de imaxes e a gravación de vídeo en 3D dende o dispositivo.
O Sthreeam custará 64,95 dólares na súa versión 3.0 (a de iPhone 3GS) e 89,95 dólares na versión 5.0 (para iPhone 4), estando sempre adaptado o seu deseño para ser acorde co modelo de iPhone ao que vai destinado, aínda que o produto só verá a luz se consegue recadar 50.000 dólares a través de Kickstarter (coa vantaxe de que as achegas poden converterse en auténticos descontos para o produto final, de xeito que sairían por 50 e 70 dólares respectivamente de pagarse de xeito anticipado).


Vídeo de presentación do proxecto de Sthream

PUBLICIDADE